martes, 14 de abril de 2020

MOVAMOS A NOSA BOQUIÑA!

Ola nenas e nenos! Espero que esteades todos ben. Xa queda un pouquiño menos… moito ánimo! 

Esta semana, se tedes un pouquiño de tempo e apetécevos, propóñovos que practiquedes un pouco de ximnasia cos órganos que interveñen na articulación: a lingua, os beizos, as meixelas, a mandíbula… Todos eles necesitan estar ben fortes para axudarnos a falar estupendamente! Aquí déixovos un vídeo para iso:





Se vos apetece facer un xogo en familia e seguir practicando déixovos uns dados de Pepa Pig para que os imprimades e fagades. Unha vez feitos o ideal sería que vos colocárades diante dun espello lanzádelos por quendas e imitades a cara de Pepa que vos toque!



Espero que vos guste e fágavos un pouquiño máis ameno este confinamento! Un bico para todas e todos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario