Mostrando entradas con la etiqueta Isabel. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Isabel. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de junio de 2020

DESPEDINDO UN CURSO DISTINTO

      Ola a todas e a todos.
     
      Hoxe quero darvos as grazas por estar aí, por compartir comigo o amor pola música e por disfrutala xuntos un ratiño cada semana ao longo deste período de curso tan especial que nos tocou vivir.

      Tamén quero desexarvos  un bo verán e, antes de quedar de vacacións, felicitar con moito cariño e dun xeito especial a quen durante este tempo cumpristes anos.
      Podedes cantarlles mentres eu toco.

 

      Coidádevos e disfrutade do verán e da música.

      Un bico moi forte.

     

jueves, 11 de junio de 2020

NOTAS MUSICAIS

            Ola de novo.

            Hoxe imos cantar as notas musicais coas que se escribe toda a marabillosa música que coñecedes.



      Até a próxima.

      Un biquiño a todas e a todos.

martes, 2 de junio de 2020

UN CANTO Á NATUREZA

      Ola.

      O vindeiro venres, día 5 de xuño, celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente.
     Tamén, como sabedes, este ano 2020 está adicado ao xenial compositor alemán Ludwig van Beethoven.

      Quixen aproveitar esta coincidencia para que coñezamos e escoitemos xuntos a súa Sinfonía nº6, chamada "Pastoral", na que o compositor expresa o seu amor pola natureza e a vida no campo, amosando os sentimentos e sensacións que lle produce atoparse nel.

      Walt Disney fixo a súa versión animada da que aquí vos deixo o fragmento que corresponde ao 1º movemento, Allegro.




Se queredes escoitar e ver a obra completa pinchade no enlace 👉 PASTORAL DISNEY

          Agardo que a disfrutedes.

          Bicos.

sábado, 23 de mayo de 2020

BAILE NA CASA DA MOSCA CHOSCA

      Ola.
      Despois de merendar, a Mosca Chosca e os seus amigos puxéronse a bailar.
      Bailamos con eles?


      Unha aperta a todos e a todas.

viernes, 15 de mayo de 2020

DEBAJO UN BOTÓN

      Ola a todos e todas.
      Hoxe imos cantar xuntos a canción "Debajo un botón" e acompañala co noso instrumento.

Cada vez que cantemos ton, ton, ton, tocamos así, facendo pizzicato.
   
 E cada vez que cantemos tin, tin, tin, axitamos as tiras de papel deste xeito.


Agora cantamos seguindo o video. Non vos esquezades de tocar o instrumento.


Ate a próxima. Unha aperta.
      
     

miércoles, 6 de mayo de 2020

PIZZICATO

      Ola.

      O pizzicato (en italiano pellizcado), é unha maneira de tocar os instrumentos de corda que consiste en estirar ou pulsar as cordas producindo un son característico.

      Nós imos construir un instrumento para facer pizzicato con el, que chamaremos pizzicatófono.

      Sigue os pasos no seguinte video.


      Agora podemos acompañar co noso instrumento o Pizzicato do Ballet Sylvia, do compositor francés Léo Delibes.


      Unha aperta a todos e todas e... non perdades o instrumento, que voltaremos tocar algo máis con el.

miércoles, 29 de abril de 2020

PERCUSIÓN CORPORAL

Ola.

      Cas nosas mans, cos nosos pés, sobre as rodillas... facemos música, e isto  se chama percusión corporal.

      Podemos empregar o noso corpo como instrumento musical para acompañar a coñecida Marcha Radetzky de Johann Strauss.

      
       Unha aperta a todas e todos.

miércoles, 22 de abril de 2020

DÚO DAS FLORES

      Ola.

    Imaxinemos por un momento unha historia, unha obra de teatro, na que os personaxes, en lugar de falar, se expresan cantando acompañados dunha orquestra. Iso é a Ópera.
    
      O compositor francés Léo Delibes compuxo a ópera Lakmé, da que escoitaremos un fragmento do Dúo das Flores.

      Hai moitos, moitos anos, na lonxana India, dúas xoves, Lakmé e Mallika recollen flores na ribeira dun río mentres cantan unha fermosa canción.

      Escoitade con atención, imaxinade a escea e disfrutádea.


 
      Vocabulario.
      Dúo: Composición musical para dúas voces ou dous instrumentos. Neste caso dúas voces. 

      Moitos bicos a todas e a todos.

miércoles, 15 de abril de 2020

¡DANCEMOS!

      Este ano 2020, está adicado ao compositor alemán Beethoven. 

      A súa Contradanza número 5 vainos servir para pasar un bo ratiño.

      Animádevos a seguir o video.


 

Até a próxima cita, bailaríns e bailarinas!

lunes, 6 de abril de 2020

AMENCER

       Ola.
       Hoxe imos falar do amencer. Dese momento tan marabilloso no que o sol sae cada mañá.


       O compositor Edward Grieg cando compuxo "A Mañá", imaxinou un amencer, e a través dos instrumentos da orquestra , váinolo debuxando coma un bonito cadro sonoro.
      A música comeza cunha fermosa melodía tocada pola frauta.
      Esta melodía é collida polo oboe e entre os dous (a frauta e o oboe) estáblécese un delicioso diálogo que finaliza cun crescendo da familia da corda fretada que representa ao sol rompendo entre as nubes.
      Escoita atentamente e sigue co teu dedo o movemento dos debuxos que representan aos intrumentos. 
  
  

      A continuación deste fragmento iníciase un declive, introducido polas trompas, coma si o amencer se desvanecese serenamente.
      Escoita e disfruta a obra completa, e observa como participan tamén o resto dos instrumentos da orquestra.
      Tamén podes pechar os ollos, escoitar e imaxinar.


Vocabulario novo:  
Oboe: instrumento da familia de vento-madeira.
Crescendo: os instrumentos soan cada vez máis forte.

Agardo que vos guste. Até o próximo día. Bicos.

lunes, 30 de marzo de 2020

FLORES, FLORES ...


   Shhh...
      Cóntovos un segredo? Escoitar música fainos máis felices.
   
      Hoxe imos empezar co "Vals das Flores" do compositor ruso P. I. Tchaikovsky.
      Un vals é un tipo de baile moi elegante.
      Escoitade e fixádevos cómo falan os instrumentos entre si.



      Estes son os instrumentos que soan:


                                  
                                       Arpa                            Trompa                  Clarinete



                                   Familia da Corda Fretada           Frauta Traveseira



      E máis flores.
      É o momento de disfrutar do violinista Ara Malikian, que interpreta "Pisando Flores" acompañado do seu grupo e unha orquestra sinfónica.



      O próximo día máis. Un bico a todas e todos.